Alumni

A rede CiTIUS alumni ten por obxectivo poñer en contacto ao persoal egresado, así como manter a conexión co CiTIUS.

Desde o CiTIUS ofrécense unha serie de servizos para o persoal egresado:

  • Proporcionar asesoramento ao persoal egresado que segue coa carreira científica, para os seguintes pasos a dar, incluíndo asesoramento en convocatorias de RRHH.
  • Reunións coa unidade de KMT. O persoal egresado poderá solicitar reunións cos membros da unidade de KMT para expoñer os seus intereses, expoñer propostas, etc.
  • Acceso preferente de alumni en eventos, organizados polo CiTIUS, incluíndo cando sexa posible beneficios, como pode ser, por exemplo, desconto na inscrición.
  • Apoio exclusivo para todos aqueles temas que teñan que ver co establecemento de colaboracións co CiTIUS
  • Facilitarase a publicación de ofertas de traballo dirixidas a posdoutorais.
  • Difusión de:
    • Conferencias, actos e eventos organizados no CiTIUS
    • Actividades de formación
    • Convocatorias de subvención
  • Boletín do CiTIUS

Podes coñecer máis sobre a rede, ou solicitar unirte se realizaches a túa tese no centro, escribindo a citius.alumni@usc.es.

alumni-module--HighlightedAlumni_name--5af89

Andrea Cascallar Fuentes

Científica de datos sénior / FDS Spain, DXC Technology Company

Desenvolveu a súa tese de doutoramento,Fuzzy quantified protoforms for data-to-text systems: a new model with applications (2022), baixo a supervisión de Alberto Bugarín e Alejandro Ramos. Recibiu o Premio EUSFLAT 2022 á mellor tese de Europa polo seu traballo doutoral.
alumni-module--HighlightedAlumni_name--5af89

David Chapela de la Campa

Investigador posdoutoral / University of Tartu

Desenvolveu a súa tese de doutoramento, Behavioral-based algorithms for process model simplification (2021), baixo a supervisión de Manuel Lama Penín.
alumni-module--HighlightedAlumni_name--5af89

Estefanía Otero García

Responsable de Enxeñaría de Datos / Lookiero

Desenvolveu a súa tese de doutoramento, Descubrimento de grafos en datos enlazados para a anotación semántica de documentos (2017), baixo a supervisión de Manuel Lama Penín e Juan Carlos Vidal Aguiar.

Únete á nosa rede de Alumni en LinkedIn