Queremos dar a coñecer a nosa investigación de excelencia, fomentar as novas vocacións científicas entre os máis novos, promover a alfabetización científica entre a cidadanía e transmitir a importancia do pensamento crítico.
Para iso organizamos diversas actividades de divulgación ao longo de todo o ano, achegando a nosa ciencia aos escolares, estudantado, familias e á cidadanía en xeral a través de xornadas de portas abertas, obradoiros, demostradores, conferencias e exposicións.