Infraestruturas TI

Infraestrutura do centro

As infraestruturas de computación do CiTIUS utilízanse como ferramenta da actividade investigadora, para o desenvolvemento de proxectos en colaboración co sector industrial e como soporte da actividade diaria do centro.

As ditas infraestruturas alóxanse nun moderno CPD de 22 m² e 8 armarios de 48U situado no soto do edificio do CiTIUS e permiten ao CiTIUS dispor da capacidade para desenvolver proxectos e servizos nas seguintes liñas:

  • Paralelización de aplicacións
  • Optimización de aplicacións en arquitecturas multinúcleo
  • Optimización de aplicacións por medio de computación en GPGPU
  • Deseño e desenvolvemento de arquitecturas cloud

Clúster HPC

Dispoñemos dun clúster heteroxéneo de computación no que o persoal investigador do centro pode executar aplicacións computacionalmente custosas, composto por 16 nodos:

  • 9 nodos Dell R740, cada un con dous procesadores Intel Xeon Gold 5220R de 24 cores e 192 GB de RAM.
  • 1 fat node Dell R840 con catro procesadores Xeon Gold 6248 de 20 cores e 1 TB de RAM.
  • 2 nodos Dell R7525 con dous procesadores AMD EPYC 7543 de 32 cores, 256 GB de RAM e dúas GPUs NVIDIA Ampere A100.
  • 2 nodos Dell R740 con dous procesadores Intel Xeon Gold 5220 de 18 cores, 192 GB de RAM e dúas GPUs NVIDIA Tesla V100s.
  • 2 nodos Dell R7725 con dous procesadores AMD EPYC 9255, 384 GB de RAM e dúas GPUs NVIDIA L4 de 24 GB cada unha.

O clúster conta cun almacenamento distribuído de alto rendemento usando BeeGFS interconectado por unha dobre rede de fibra a 25Gb con mais de 200 TB de capacidade.

Computación GPU

Dispoñemos de varios servidores equipados con diferentes tarxetas gráficas para aqueles usuarios que precisen este tipo de infraestruturas para a execución dos seus programas ou para desenvolver aplicacións baixo o paradigma de computación GPGPU.

Servidor SIE LADÓN 4214 (2 Intel Xeon Silver 4214, 192 GB RAM)

  • NVIDIA Quadro P6000 24GB
  • NVIDIA Quadro RTX8000 48GB
  • 2 NVIDIA A100 80GB

3 Servidores SIE LADÓN (2 AMD EPYC 9474F, 768 GB RAM cada un)

  • 4 NVIDIA H200 NVL 141GB

Servidor SIE HGX (2 AMD EPYC 9335, 1536 GB RAM)

  • 4 NVIDIA H200 141GB

2 Servidores SIE LADÓN para inferencia (2 AMD EPYC 9255, 384 GB RAM cada un)

  • 2 NVIDIA L40S 48GB

Servidores privados virtuais na nube (VPS)

Ofrecemos ao persoal investigador un servizo do tipo IaaS basado en Proxmox. Este servizo consiste en servidores privados virtuais na nube correndo sobre cinco servidores conectados a un almacenamento distribuído. Esto proporciona aos usuarios unha contorna totalmente configurable para realizar desenvolvementos, probas, despregamentos, etc.