Conferencia: 'O futuro da atención'
'Coevolución, plasticidade e reorganización cognitiva na era da intelixencia artificial xerativa'
O cerebro humano é, en parte, o resultado dunha longa coevolución coa tecnoloxía. As nosas capacidades cognitivas fixeron posible o uso de ferramentas, e esas ferramentas, á súa vez, transformaron as nosas capacidades, especialmente a atención, a memoria de traballo, o aprendizaxe social e a resolución de problemas complexos. Desde a escrita ata a calculadora ou o GPS, externalizamos parte das nosas funcións cognitivas en artefactos que amplían, reorganizan e, ás veces, substitúen as nosas habilidades.
A intelixencia artificial xerativa introduce un punto de inflexión. Por primeira vez delegamos non só memoria, orientación ou cálculo, senón procesos cuxos resultados son funcionalmente análogos ao razonamento inductivo, deductivo e abductivo. Facémolo, ademais, con sistemas de alcance e calidade crecente, con independencia do debate, que está aínda aberto, sobre se os procesos internos destes modelos poden chamarse propiamente razoamento.
Nesta charla revisaremos a evidencia, aínda incipiente, que ofrecen a neurociencia e a psicobioloxía sobre o uso intensivo da intelixencia artificial, e que nos permiten reflexionar sobre que capacidades poderían erosionarse, cales poden fortalecerse se se cultivan deliberadamente e que implica todo iso para o deseño de sistemas confiables, a interacción humano máquina e a educación dos usuarios.
A conferencia enmárcase no programa de actividades da Cátedra USC-Plexus de IA aplicada á Medicina Personalizada de Precisión, liderada polo CiTIUS, unha iniciativa orientada a promover a reflexión crítica sobre o impacto da intelixencia artificial en ámbitos estratéxicos para a sociedade. Aínda que centrada no ámbito da saúde, a cátedra aborda tamén cuestións transversais relacionadas coa interacción entre persoas e sistemas intelixentes, a confianza nas tecnoloxías emerxentes e os desafíos que formula a súa adopción.
Sobre o relator
Dr. Gustavo G. Diez Doutor en Neurociencia, físico teórico, máster en Psicobioloxía e máster en Intelixencia Artificial. Dirixe Nirakara Lab e é investigador na Fundación Hygeia Biomedicina. A súa traxectoria integra a neurociencia, a psicobioloxía e a intelixencia artificial para investigar como os factores do estilo de vida inflúen na saúde cerebral. O seu traballo centrouse especialmente na interocepción e no papel dos ritmos respiratorios na dinámica cerebral, a autorregulación e a saúde mental.

Evento presencial
luns, 22 de xuño de 2026
1782086400000
/events/conference-the-future-of-care
events_gl