Programa de Formación: 'Star Wars, patentes e software, por que o Imperio perdeu a guerra?'

Neste relatorio ofrecerase unha visión das distintas figuras de protección de resultados de investigación, así como unha introdución e o proceso de tramitación e xestión destas. A charla é apta para todo tipo de perfís, pero especialmente para persoal investigador en formación. 

Inscribete_aqui.png

Biografía

Fernando Rafael Pardo Seco é doutor en Física pola Universidade de Santiago de Compostela desde o 2008 e actualmente profesor contratado doutor na Universidade de Santiago de Compostela. No período 1999-2001 traballa nun proxecto de investigación no ámbito do rexistro de dixital de imaxe médica. Bolseiro FPU (2002-2005) para desenvolver a súa tese doutoral no ámbito de deseño de sistemas dixitais para detección de minas antipersoa. No 2006 obtén unha praza de profesor axudante na Universidade de Valladolid no Departamento de Tecnoloxía Electrónica. En 2011 incorpórase á Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da Universidade de Santiago de Compostela, xestionando a carteira de propiedade intelectual e industrial nas áreas de matemáticas, física, TIC e enxeñaría e participa en tarefas de apoio á creación de empresas de base tecnolóxicas nestes ámbitos. En 2020 obtén unha praza de profesor axudante doutor no Departamento de Electrónica e Computación da USC onde comeza a traballar na liña de despregamento de sistemas de aprendizaxe profunda no bordo.