
Relatorio: 'Protección de datos e investigación: claves prácticas para ter éxito'
Neste actividade presentaranse os principais aspectos relacionados coa protección de datos de investigación e os protocolos existentes dentro da universidade para conseguir as autorizacións necesarias para levar a cabo un proxecto de investigación que implica a recollida de datos:
- A protección de datos como dereito fundamental
- Obrigacións a cumprir e principios a seguir.
- Os datos especiais.
- Especificidades na actividade investigadora.
- Análise de riscos.
- A problemática da anonimización.
- Protocolo para unha investigación.
- O comité de bioética.
Sobre o Relator
José Julio Fernández Rodríguez é Doutor en Dereito, licenciado en Dereito, en Ciencias Políticas e Sociais, en Xornalismo, e en Comunicación Audiovisual. Diplomado en Estudos de Seguridade e Defensa. Profesor titular de Dereito Constitucional na Universidade de Santiago de Compostela (catedrático acreditado), onde é o director do Centro de Estudos de Seguridade (CESEG). Autor de numerosas publicacións científicas, entre as que se achan estudos sobre a relación entre tecnoloxía e dereitos fundamentais, internet, ciberseguridade ou protección de datos.
Evento mixto
/events/proteccion-de-datos-e-investigacion-claves-practicas-para-tener-exito
events_gl