Evento
Data
  • 21 de decembro de 2022, de 11:30 a 13:30
Lugar
Salón de actos del CiTIUS (Evento mixto)
Poñente/s
  • Estefanía Otero (Lookiero)
  • David Chapela (Institute of Computer Science, University of Tartu)
  • Cristina Gamallo (Situm Technologies)
  • Pablo Rodríguez Mier (Institute for Computational Biomedicine, Heidelberg University)
  • Martín Pereira (Facultad de Filosofía, USC)
Idioma
Español
Streaming
Mesa redonda: 'Xa teño a miña tese: e agora que?'

Mesa redonda: 'Xa teño a miña tese: e agora que?'

Os doutores egresados do CiTIUS Estefanía Otero (Lookiero), David Chapela (Institute of Computer Science, University of Tartu), Cristina Gamallo (Situm Technologies), Pablo Rodríguez Mier (Institute for Computational Biomedicine, Heidelberg University) e Martín Pereira (Facultade de Filosofía, USC), protagonizarán a semana que vén a segunda edición da mesa redonda 'Xa teño a miña tese: e agora que?', que terá lugar no salón de actos do centro o vindeiro mércores, 21 de decembro, a partir das 11:30.

Estes cinco doutores, con traxectorias profesionais diferentes, debaterán cos investigadores do centro sobre como enfocar a súa carreira profesional tras a finalización da súa tese, abordando cuestións como as oportunidades e expectativas de futuro ou as razóns sobre marcharse ao estranxeiro ou quedar, así como distintas vivencias persoais e algúns consellos para enfocar a carreira profesional, tanto antes como despois de finalizar a tese. A mesa de debate poñerá especial foco na participación do público, e estará moderada polo investigador posdoutoral do centro Fernando Estévez.

O evento celebrarase en formato híbrido. Ao rematar, os participantes terán a oportunidade de reunirse coas persoas convidadas e o longo dun aperitivo, ao que tamén asistirán todo o persoal egresado do CiTIUS que visite o centro de forma presencial para participar na xornada.

Next Events
Evento
14 de xuño de 2023
Evento presencial
Programa de formación: «Taller de gestión de datos de investigación»