Mesa redonda: 'Unha Cuestión de Confianza: o Impacto Socio-técnico e a Gobernanza da IA'
Vivimos nun mundo onde as decisións automatizadas inflúen cada vez máis nas nosas vidas. Nun contexto xeopolítico de gran volatilidade e incerteza, resulta esencial comprender mellor como xerar e reforzar a confianza nos sistemas de Intelixencia Artificial (IA).
A mesa redonda 'Unha cuestión de confianza: o impacto socio-técnico e a gobernanza da IA' abordará estes desafíos desde distintas perspectivas técnicas, éticas, legais, socioeconómicas e culturais, en liña cos dereitos e obrigas recollidos no novo regulamento europeo de IA, así como coas directrices e recomendacións da estratexia nacional de IA, o comité internacional IEEE SHIELD e a rede nacional TELSEC4TAI para o desenvolvemento dunha IA fiable ou digna de confianza.
Vivimos nun mundo onde as decisións automatizadas inflúen cada vez máis nas nosas vidas
A actividade está promovida no marco do proxecto CONFIA, financiado pola Fundación Ramón Areces e coordinado desde o CiTIUS. Para acadar os seus obxectivos, o proxecto aposta por equipos interdisciplinares capaces de abordar retos relacionados coa automatización, a interacción entre persoas e máquinas, a transparencia algorítmica e da comunicación, ou a ciberseguridade.
A sesión contará coa participación de especialistas internacionais en automatización, gobernanza da IA e sistemas intelixentes centrados nas persoas:
- Jose Luis Martínez Lastra (Tampere University, Finlandia)
- Luis Anido (atlanTTic, Universidade de Vigo)
- Luca Nannini (Piccadilly Labs)
- José María Alonso Moral (CiTIUS)
A mesa redonda pretende non só dar voz á opinión de expertos con perfís socio-técnicos complementarios, senón tamén establecer un debate construtivo coa comunidade científica da Universidade de Santiago de Compostela.
Sobre os relatores
José María Alonso é Profesor Titular da Universidade de Santiago de Compostela e investigador afiliado ao CiTIUS, onde lidera o grupo de traballo en IA fiable. Actualmente lidera o comité técnico SHIELD de IEEE, un comité multidisciplinar centrado nas dimensións socio-técnicas, éticas, legais e ambientais dos sistemas baseados en Intelixencia Artificial. Foi ademais coordinador da rede nacional TELSEC4TAI entre 2023 e 2025 e da rede Marie Curie NL4XAI entre 2019 e 2024.
A confianza nos sistemas de IA require tamén mecanismos sólidos de transparencia, comunicación e gobernanza
Luis Anido Rifón é catedrático da Universidade de Vigo no Departamento de Enxeñaría Telemática. A súa investigación centrouse na aplicación das TIC a ámbitos como a saúde, a administración dixital ou a educación, liderando tamén iniciativas de estandarización a nivel nacional e europeo. Actualmente traballa no ámbito da saúde dixital, especialmente en envellecemento activo e tecnoloxías blockchain.
Luca Nannini é investigador especializado en gobernanza da IA, estándares internacionais e ética algorítmica. Actualmente lidera o desenvolvemento do marco de confiabilidade da IA prEN 18229 en CEN/CENELEC JTC 21, en resposta á harmonización do Regulamento Europeo de IA. As súas investigacións céntranse na relación entre transparencia, explicabilidade e regulación dos sistemas de IA.
Jose L. Martinez Lastra é catedrático da Tampere University desde 2006 e conta con trinta anos de experiencia en docencia e investigación en ciencia e tecnoloxía. Ao longo da súa carreira participou como investigador principal en máis de 30 proxectos financiados pola Unión Europea relacionados coa automática, a robótica avanzada e os sistemas intelixentes centrados nas persoas.

Evento presencial
mércores, 20 de maio de 2026
1779235200000
/events/round-table-on-socio-technical-impact-and-ai-governance
events_gl