O congreso anual da European Society of Cardiology (ESC 2026), encontro internacional de referencia no ámbito cardiovascular, acolle a presentación dun traballo para diferenciar a síndrome de Takotsubo en pacientes con síntomas de infarto de miocardio, desenvolvido por investigadores do CiTIUS en colaboración co Karolinska Institutet e a Universidade de Cambridge.
O vicerreitor da Central South University (CSU), Li Zhihong, encabezou hoxe unha visita ao CiTIUS para coñecer de primeira man as liñas de investigación en tecnoloxías intelixentes aplicadas á medicina. A delegación chinesa interesouse polo potencial das colaboracións coa Universidade de Santiago de Compostela nos ámbitos da saúde e a biotecnoloxía.
Nacida da investigación do centro, a spin-off InVerbis dá un novo paso no seu percorrido coa presentación de SALUSBENCH, unha solución pioneira que permitirá a hospitais e centros asistenciais mellorar o seu funcionamento sen comprometer a privacidade dos datos.
USC e Plexus Tech, co respaldo da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, presentaron hoxe esta iniciativa liderada polo CiTIUS, única en España na personalización dos procesos asistenciais.
Un estudo publicado na revista científica ‘NPJ Digital Medicine’, do grupo ‘Nature’, analiza o grao de veracidade das respostas que se obteñen en Internet ante dúbidas relacionadas coa saúde, xa sexa a través de buscadores convencionais ou ferramentas de Intelixencia Artificial.




