SenseStore1: Almacenamento e publicación eficientes de datos de sensorización remota
A cantidade de datos que se xeran actualmente por medio de dispositivos sensores é enorme, principalmente como consecuencia dos avances en tecnoloxías de sensado, comunicacións e xestión de datos. A este incremento na cantidade de información dispoñible contribúen, cada vez máis, as plataformas sensóricas baseadas en vehículos aéreos non tripulados (UAVs).
O obxectivo xeral deste proxecto é o desenvolvemento dun primeiro prototipo dunha infraestrutura para o almacenamento e a publicación de datos de sensores xerados por procesos de análise e observación da información terrestre. O sistema que se desenvolverá será eficiente e escalable, e estará aliñado cos estándares de servizos establecidos na directiva da Comisión Europea INSPIRE.
Obxectivos
En particular, a infraestrutura desenvolta permitirá:
- O almacenamento e acceso eficiente tantos aos datos como aos metadatos de coberturas xeospaciais (imaxe ráster) producidos polos dispositivos de sensado remoto, proporcionando unha adecuada escalabilidade horizontal.
- Estará aliñada cos estándares do Open Geospatial Consortium (OGC), os cales foron adaptados pola directiva INSPIRE da Comisión Europea, a cal regulamenta a creación de infraestruturas de datos espaciais en Europa. En particular, incluiranse servizos web estándar para o descubrimento, a descarga e a visualización de datos.
- Integrarase co o actual sistema de información dispoñible actualmente en Babcock.
Proxecto
/research/projects/almacenamento-e-publicacion-eficientes-de-datos-de-sensorizacion-remota

A cantidade de datos que se xeran actualmente por medio de dispositivos sensores é enorme, principalmente como consecuencia dos avances en tecnoloxías de sensado, comunicacións e xestión de datos. A este incremento na cantidade de información dispoñible contribúen, cada vez máis, as plataformas sensóricas baseadas en vehículos aéreos non tripulados (UAVs).

O obxectivo xeral deste proxecto é o desenvolvemento dun primeiro prototipo dunha infraestrutura para o almacenamento e a publicación de datos de sensores xerados por procesos de análise e observación da información terrestre. O sistema que se desenvolverá será eficiente e escalable, e estará aliñado cos estándares de servizos establecidos na directiva da Comisión Europea INSPIRE.

En particular, a infraestrutura desenvolta permitirá:

O almacenamento e acceso eficiente tantos aos datos como aos metadatos de coberturas xeospaciais (imaxe ráster) producidos polos dispositivos de sensado remoto, proporcionando unha adecuada escalabilidade horizontal.

Estará aliñada cos estándares do Open Geospatial Consortium (OGC), os cales foron adaptados pola directiva INSPIRE da Comisión Europea, a cal regulamenta a creación de infraestruturas de datos espaciais en Europa. En particular, incluiranse servizos web estándar para o descubrimento, a descarga e a visualización de datos.

Integrarase co o actual sistema de información dispoñible actualmente en Babcock.

- José Ángel Taboada González
projects_gl