DICON: Desenvolvemento de novos sistemas avanzados de control dimensional en procesos de fabricación de sectores de alto impacto

Co obxectivo último de incrementar a competitividade da industria manufactureira nacional en sectores estratéxicos de alto impacto, o proxecto DICON formula o desenvolvemento dunha nova xeración de produtos, servizos, e procesos de control dimensional que se integren de forma efectiva nas diferentes fases da fabricación de compoñentes de elevadas dimensións, abordando as seguintes frontes de desenvolvemento:

  • Metroloxía dimensional de alto rango por visión.
  • Novas arquitecturas en metroloxía dimensional por contacto.Verificación e calibración en metroloxía xeométrica sen contacto.

Obxectivos

  • Desenvolver novos sistemas de medida altamente automatizados, baseados en tecnoloxía de medición sen contacto (visión industrial e fotogrametría), dirixidos a reducir o tempo invertido actualmente nos procesos de control dimensional e posta a punto en máquinas de pezas en bruto de elevadas dimensiones.
  • Desenvolvemento de novos produtos, servizos, e procesos que ofrezan solucións innovadoras de verificación e calibración volumétrica de máquinas-ferramenta para a fabricación de compoñentes de elevadas dimensións.