DISCOVER: Detección automática de monumentos tumulares e megalíticos mediante tecnoloxía LiDAR e Intelixencia Artificial

Neste proxecto preténdese testar a aplicación de algoritmos de IA na detección de túmulos megalíticos sobre datos LiDAR. Para iso deseñarase un algoritmo de detección automática mediante aprendizaxe supervisada que detecte formas tumulares no territorio galego e preprocesaranse de forma eficiente as nubes de puntos LiDAR para o seu uso na IA.

O obxectivo final é mellorar o catálogo de monumentos tumulares e megalíticos de Galicia, comprobando, mediante prospección arqueolóxica de campo, as referencias detectadas pola IA (ground truthing).