RISCATEA: Factores neurocognitivos, psicosociais e xenéticos asociados ao risco suicida no Trastorno do Espectro Autista: desenvolvemento de modelos preditivos mediante aprendizaxe automática (RISCATEA)

O proxecto RISCATEA, coordinado pola investigadora do IDIS Montse Fernández Prieto, constitúe un dos maiores estudos impulsados ata o momento en España sobre saúde mental e autismo. Nel participarán investigadores de oito centros nacionais, entre eles o Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, a Fundación Pública Galega de Xenómica, o Institut de Recerca Biomèdica de Bellvitge, o Instituto de Investigación Sanitaria de Navarra, a Fundación Jiménez Díaz, o Hospital Gregorio Marañón e os hospitais La Fe e Clínico de Valencia.