IDEATIO: Ferramentas e dispositivos para o exame médico e estratificación de pacientes coa Síndrome de Apnea-Hipoapnea do Soño
O principal obxectivo deste proxecto é o desenvolvemento de modelos, técnicas, dispositivos e ferramentas orientados ao control da calidade asistencial no seguimento de pacientes nos ámbitos intrahospitalario e extrahospitalario. O dominio médico elixido para os desenvolvementos propostos é a Síndrome de Apnea-Hipoapnea do Soño (SAHS).
En particular, o proxecto basearase nas normas europeas HISA (Healthcare Information System Architecture) do CEN para analizar e modelar as interaccións entre Guías de Práctica Clínica (GPC), Plans de Coidados (PC), Protocolos Individualizados (PI), actividades, axendas e a Historia Clínica Electrónica (HCE). Darase especial énfase á relación co fluxo de traballo do suxeito individual no uso de técnicas de web semántica e na proposta de modelos para a integración de sistemas nunha arquitectura sanitaria. Como resultado proporanse as ampliacións necesarias ao HISA para a súa eventual incorporación.
Obxectivos
- Desenvolvemento de modelos, técnicas e ferramentas para a abstracción temporal a partir de parámetros fisiolóxicos, conducentes á identificación de eventos de interese fisiopatolóxico sobre o conxunto de sinais que constitúen a proba de polisomnografía nocturna.
- Fusión de información e procura de relacións asociativas entre os elementos do devandito conxunto, no contexto de toda a información adquirida durante o seguimento do paciente.
- Deseño dunha proba de polisomnografía domiciliaria que permita realizar unha estratificación de pacientes para priorizar a súa admisión nun servizo de neumoloxía hospitalario.
- Proporcionar un dispositivo de monitorización domiciliaria do soño, co fin de aliviar a sobrecarga das unidades hospitalarias do soño.
Proxecto
/research/projects/ferramentas-e-dispositivos-para-o-exame-medico-e-estratificacion-de-pacientes-coa-sindrome-de-apnea-hipoapnea-do-sono

O principal obxectivo deste proxecto é o desenvolvemento de modelos, técnicas, dispositivos e ferramentas orientados ao control da calidade asistencial no seguimento de pacientes nos ámbitos intrahospitalario e extrahospitalario. O dominio médico elixido para os desenvolvementos propostos é a Síndrome de Apnea-Hipoapnea do Soño (SAHS).

En particular, o proxecto basearase nas normas europeas HISA (Healthcare Information System Architecture) do CEN para analizar e modelar as interaccións entre Guías de Práctica Clínica (GPC), Plans de Coidados (PC), Protocolos Individualizados (PI), actividades, axendas e a Historia Clínica Electrónica (HCE). Darase especial énfase á relación co fluxo de traballo do suxeito individual no uso de técnicas de web semántica e na proposta de modelos para a integración de sistemas nunha arquitectura sanitaria. Como resultado proporanse as ampliacións necesarias ao HISA para a súa eventual incorporación.

Desenvolvemento de modelos, técnicas e ferramentas para a abstracción temporal a partir de parámetros fisiolóxicos, conducentes á identificación de eventos de interese fisiopatolóxico sobre o conxunto de sinais que constitúen a proba de polisomnografía nocturna.

Fusión de información e procura de relacións asociativas entre os elementos do devandito conxunto, no contexto de toda a información adquirida durante o seguimento do paciente.

Deseño dunha proba de polisomnografía domiciliaria que permita realizar unha estratificación de pacientes para priorizar a súa admisión nun servizo de neumoloxía hospitalario.

Proporcionar un dispositivo de monitorización domiciliaria do soño, co fin de aliviar a sobrecarga das unidades hospitalarias do soño.

- Paulo Félix Lamas - Manuel Fernández Delgado, Jesús María Rodríguez Presedo, Daniel Castro Pereiro
projects_gl