Modelo bioinspirado para detección de eventos visuais por ordenador

A meta deste proxecto era construír un modelo de visión por ordenador capaz de emular a capacidade de inspección do sistema visual humano para a detección de eventos visuais. Este modelo debía cumprir catro requisitos esenciais: (i) ser capaz de determinar un mapa de relevancia visual en cada punto da escena, (ii) obter, a partir deste mapa, a secuencia temporal de exploración por orde de importancia visual, (iii) posuír a capacidade de modular o comportamento da atención en función da tarefa especificada e (iv) permitir unha monitorización en tempo real de obxectos, estacionarios ou en tránsito, que susciten a atención dentro da escena