NeViComp: Neurociencia Visual e Ciencias da Computación

Nesta Rede perséguese principalmente promover a colaboración multidisciplinar real entre
grupos de investigación dos ámbitos da Neurociencia Visual e as Ciencias da
Computación a través da mobilidade de investigadores. Deste xeito perséguese que se creen sinerxías entre eles e se conforme unha masa crítica que permita promover novas
actuacións e definir novos proxectos de investigación no futuro. Procúrase fortalecer os
grupos de investigación españois nun área de investigación que será clave no futuro
para definir a evolución de moitas áreas asociadas coa tecnoloxía da Visión (por exemplo en Óptica, Visión por Computador, Procesado de Imaxe, etc).

Obxectivos

  • Integración de grupos multidisciplinares
  • Creación de sinerxías de longa duración
  • Posicionamento internacional nunha área clave
  • Transferencia de tecnoloxía