PLEEC: Planning for Energy Efficient Cities
A eficiencia enerxética é unha das prioridades da axenda europea. Un dos obxectivos do plan 20-20-20 da Unión Europea é a mellora da eficiencia nun 20% para o 2020.
Sen embargo, a consecución dun coñecemento integrador acerca do potencial enerxético nas cidades está lonxe de conseguirse. Actualmente, a variedade de estratexias e aproximacións individuais, manexando diferentes aspectos da mellora da eficiencia enerxética, dificultan o desenvolvemento dunha visión estratéxica global da planificación da eficiencia enerxética.
Por esta razón, o proxecto PLEEC- “Planificando Cidades Enerxeticamente Eficientes” – financiado polo VII Programa Marco procura unha aproximación integradora para alcanzar a concepción de cidade intelixente, enerxeticamente eficiente e sostible. Por medio da coordinación de estratexias e da procura das mellores prácticas, PLEEC desenvolverá un modelo xeral para a planificación de cidades enerxeticamente eficientes e sostibles.
Conectando a excelencia científica e as empresas máis innovadoras do sector da enerxía con cidades ben organizadas e ambiciosas, o proxecto pretende reducir o uso da enerxía na Europa do futuro próximo e desta forma converterse nunha ferramenta importante para o obxectivo da UE 20-20-20.
Obxectivos
Os obxectivos principais do proxecto son:
- Avaliar as solucións de mellora enerxética existentes e potenciais que poidan ser integradas na planificación das cidades.
- Demostrar como os plans integradores poden resultar máis efectivos que as medidas illadas.
- Desenvolver un modelo integrador da planificación da eficiencia enerxética que considere o potencial das diversas actuacións que poden ser aplicadas aos aspectos clave da mellora da eficiencia.
- Crear Plans de Acción que poidan ser presentados aos tomadores de decisións das cidades.
- Identificar unha axenda de investigación futura para o uso da enerxía nas Smart Cities.
Proxecto
/research/projects/planning-for-energy-efficient-cities

A eficiencia enerxética é unha das prioridades da axenda europea. Un dos obxectivos do plan 20-20-20 da Unión Europea é a mellora da eficiencia nun 20% para o 2020.

Sen embargo, a consecución dun coñecemento integrador acerca do potencial enerxético nas cidades está lonxe de conseguirse. Actualmente, a variedade de estratexias e aproximacións individuais, manexando diferentes aspectos da mellora da eficiencia enerxética, dificultan o desenvolvemento dunha visión estratéxica global da planificación da eficiencia enerxética.

Por esta razón, o proxecto PLEEC- “Planificando Cidades Enerxeticamente Eficientes” – financiado polo VII Programa Marco procura unha aproximación integradora para alcanzar a concepción de cidade intelixente, enerxeticamente eficiente e sostible. Por medio da coordinación de estratexias e da procura das mellores prácticas, PLEEC desenvolverá un modelo xeral para a planificación de cidades enerxeticamente eficientes e sostibles.

Conectando a excelencia científica e as empresas máis innovadoras do sector da enerxía con cidades ben organizadas e ambiciosas, o proxecto pretende reducir o uso da enerxía na Europa do futuro próximo e desta forma converterse nunha ferramenta importante para o obxectivo da UE 20-20-20.

Os obxectivos principais do proxecto son:

Avaliar as solucións de mellora enerxética existentes e potenciais que poidan ser integradas na planificación das cidades.

Demostrar como os plans integradores poden resultar máis efectivos que as medidas illadas.

Desenvolver un modelo integrador da planificación da eficiencia enerxética que considere o potencial das diversas actuacións que poden ser aplicadas aos aspectos clave da mellora da eficiencia.

Crear Plans de Acción que poidan ser presentados aos tomadores de decisións das cidades.

Identificar unha axenda de investigación futura para o uso da enerxía nas Smart Cities.

- José Ángel Taboada González
projects_gl