PISIXDE: Plataforma intelixente e social para a integración, xestión e difusión de contidos de E-learning
O aprendizaxe continuo, ao longo da vida (lifelong learning) foi identificado pola UNESCO e a Unión Europea como un soporte central da Sociedade do Coñecemento. Na ensinanza orientada a profesionais para que o aprendizaxe sexa efectivo debe ter lugar en calquera momento e en calquera lugar, estar limitado no tempo, e facer uso de contidos educativos concretos. En caso contrario, o proceso de aprendizaxe podería requirir un gran esforzo e interferir co desempeño das actividades profesionais.
Neste marco popularizouse o chamado aprendizaxe rápido (r-learning), baseado no uso de “píldoras formativas” con contidos concretos (en “doses”) e de corta duración que estean adaptadas as necesidades da organización a que pertencen os estudantes. A combinación de r-learning coas redes sociais deu lugar a unha aprendizaxe na que os estudantes xeran e consumen de forma rápida os seus propios recursos educativos (por exemplo, a través de blogs e wikis), etiquetan o contido “formal” proporcionado polo instrutor da plataforma, e se comunican con outros estudantes. Neste aprendizaxe a procura e acceso contextualizado aos recursos educativos e aos usuarios é un punto clave: na medida no que os usuarios e os contidos poidan recuperarse e relacionarse, mellorará o aprendizaxe.
Obxectivos
O principal obxectivo do proxecto consiste no desenvolvemento dunha plataforma software que soporte unha rede social de e-learning na que os usuarios poidan acceder e xerar contidos educativos, así como localizar e relacionarse con outros usuarios da rede social, enriquecendo, desta forma, o seu proceso de aprendizaxe.
O proxecto ten os seguintes subobxectivos:
- Desenvolver un conxunto de ontoloxías que capturen a semántica dos compoñentes dunha rede social de e-Learning.
- Facilitar a interoperabilidade da rede social de e-Learning con outras redes sociais.
- Desenvolver técnicas intelixentes híbridas para a extracción de coñecemento do grafo semántico co que se representa a rede social de e-Learning.
- Desenvolver unha arquitectura software para o soporte de redes sociais de e-Learning
- Aplicar a plataforma social de e-Learning a casos reais.
Proxecto
/research/projects/plataforma-intelixente-e-social-para-a-integracion-xestion-e-difusion-de-contidos-de-e-learning

O aprendizaxe continuo, ao longo da vida (lifelong learning) foi identificado pola UNESCO e a Unión Europea como un soporte central da Sociedade do Coñecemento. Na ensinanza orientada a profesionais para que o aprendizaxe sexa efectivo debe ter lugar en calquera momento e en calquera lugar, estar limitado no tempo, e facer uso de contidos educativos concretos. En caso contrario, o proceso de aprendizaxe podería requirir un gran esforzo e interferir co desempeño das actividades profesionais.

Neste marco popularizouse o chamado aprendizaxe rápido (r-learning), baseado no uso de “píldoras formativas” con contidos concretos (en “doses”) e de corta duración que estean adaptadas as necesidades da organización a que pertencen os estudantes. A combinación de r-learning coas redes sociais deu lugar a unha aprendizaxe na que os estudantes xeran e consumen de forma rápida os seus propios recursos educativos (por exemplo, a través de blogs e wikis), etiquetan o contido “formal” proporcionado polo instrutor da plataforma, e se comunican con outros estudantes. Neste aprendizaxe a procura e acceso contextualizado aos recursos educativos e aos usuarios é un punto clave: na medida no que os usuarios e os contidos poidan recuperarse e relacionarse, mellorará o aprendizaxe.

O principal obxectivo do proxecto consiste no desenvolvemento dunha plataforma software que soporte unha rede social de e-learning na que os usuarios poidan acceder e xerar contidos educativos, así como localizar e relacionarse con outros usuarios da rede social, enriquecendo, desta forma, o seu proceso de aprendizaxe.

O proxecto ten os seguintes subobxectivos:

Desenvolver un conxunto de ontoloxías que capturen a semántica dos compoñentes dunha rede social de e-Learning.

Facilitar a interoperabilidade da rede social de e-Learning con outras redes sociais.

Desenvolver técnicas intelixentes híbridas para a extracción de coñecemento do grafo semántico co que se representa a rede social de e-Learning.

Desenvolver unha arquitectura software para o soporte de redes sociais de e-Learning

Aplicar a plataforma social de e-Learning a casos reais.

- Manuel Lama Penín - Manuel Mucientes Molina, Juan Carlos Vidal Aguiar, Félix Díaz Hermida
projects_gl