QUIRAV: Quirófano Avanzado

O proxecto QUIRAV prantexa o avance no desenvolvemento de sistemas para o desenvolvemento de quirófanos avanzados. O proxecto QUIRAV explorará novas formas de aplicar as TIC para integrar as diferentes tecnoloxías do quirófano, analizando os procesos e a información médica, desenvolvendo novos interfaces para a interacción co equipamento médico, e optimizando a coordinación entre o persoal médico e non médico.

Obxectivos

O obxectivo principal do proxecto é construír un sistema que poida axudar ao persoal médico na toma de decisións dentro do quirófano:

  • Homoxeneizar e estruturar os datos e información xerados polos dispositivos de electromedicina, diagnóstico e control ambiental presentes no quirófano
  • Permitir a análise da información xerada durante o desenvolvemento do proceso cirúrxico
  • Proporcionar axuda e apoio a toma de decisións en tempo real
  • Ofrecer ao persoal clínico acceso á información do quirófano de xeito rápido e de forma ergonómica, por medio de interfaces naturais.