
Convocatoria Pública Ordinaria CiTIUS 01/2024
Convocatoria Pública Ordinaria CiTIUS 01/2024 de contratación de persoal para colaborar nas actividades e proxectos de investigación
Resolución da dirección do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) da Universidade de Santiago de Compostela, do 4 de decembro de 2024, pola que se convoca concurso público de méritos nº CiTIUS 01/2024, para a selección de persoal para colaborar nas actividades e proxectos de investigación que figuran no anexo da presente convocatoria.
O persoal contratado colaborará e traballará especifica e unicamente na actividade ou proxecto de investigación para o que é contratado, que é de carácter finalista e en todo caso non estrutural, mediante o financiamento externo a través da participación en convocatorias públicas ou privadas, subscrición de convenios, concesión de subvencións, etc., sen prexuízo do establecido na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao Servizo das administracións públicas.
A forma de provisión será a de concurso de méritos, a través da valoración dos criterios de baremación establecidos para cada praza.
- Data de publicación: 05/12/2024
- Prazo de presentación de solicitudes: 09/12/2024 - 13/12/2024
Lista provisional de solicitudes admitidas e excluídas:
- Data de publicación: 17/12/2024.
- Prazo de presentación de enmendas: 18/12/2024-19/12/2024. Ligazón
Lista definitiva de solicitudes admitidas e excluídas:
- Data de publicación: 20/12/2024.
Resolución de selección e propostas das comisións das prazas:
- Data de publicación: 29/01/2025
Ligazóns
- Convocatoria Pública Ordinaria CiTIUS 01/2024 - 5 de decembro de 2024
- Lista provisional de solicitudes admitidas e excluídas - 17 de decembro de 2024
- Lista definitiva de solicitudes admitidas e excluídas - 20 de decembro de 2024
- Proposta de selección das comisións de selección - Convocatoria CiTIUS 01/2024 - 29 de xaneiro de 2025
- Resolución de selección - Convocatoria pública CiTIUS 01/2024 - 29 de xaneiro de 2025
