
Convocatoria Pública Urxente CiTIUS 01/2025
Convocatoria Pública Urxente CiTIUS 01/2025 de contratación de persoal para colaborar nas actividades e proxectos de investigación
Resolución da dirección do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) da Universidade de Santiago de Compostela, do 13 de xaneiro de 2025, pola que se convoca concurso público de méritos nº CiTIUS 01/2025, para a selección de persoal para colaborar nas actividades e proxectos de investigación que figuran no anexo da presente convocatoria.
O persoal contratado colaborará e traballará especifica e unicamente na actividade ou proxecto de investigación para o que é contratado, que é de carácter finalista e en todo caso non estrutural, mediante o financiamento externo a través da participación en convocatorias públicas ou privadas, subscrición de convenios, concesión de subvencións, etc., sen prexuízo do establecido na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao Servizo das administracións públicas.
A forma de provisión será a de concurso de méritos, a través da valoración dos criterios de baremación establecidos para cada praza.
- Data de publicación: 03/01/2025
- Prazo de presentación de solicitudes: 04/01/2025-09/01/2025
Lista provisional de solicitudes admitidas e excluídas:
- Data de publicación: 10/01/2025.
- Prazo de presentación de enmendas: 11/01/2025-14/01/2025. Enlace
Lista definitiva de solicitudes admitidas e excluídas:
- Data de publicación: 16/01/2025.
Resolución de selección e propostas das comisións das prazas:
- Data de publicación: 06/02/2025
Ligazóns
- Convocatoria Pública Urxente CiTIUS 01/2025 - 3 de xaneiro de 2025
- Lista provisional de solicitudes admitidas e excluídas - 10 de xaneiro de 2025
- Lista definitiva de solicitudes admitidas e excluídas - 16 de xaneiro de 2025
- Proposta de selección das comisións de selección - Convocatoria CiTIUS 01/2025 - 6 de febreiro de 2025
- Resolución de selección - Convocatoria pública CiTIUS 01/2025 - 6 de febreiro de 2025
