
Convocatoria Pública Ordinaria CiTIUS 04/2025
Convocatoria Pública Ordinaria CiTIUS 04/2025 de contratación de persoal para colaborar nas actividades e proxectos de investigación
Resolución da dirección do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) da Universidade de Santiago de Compostela, do 5 de marzo de 2025, pola que se convoca concurso público de méritos nº CiTIUS 04/2025, para a selección de persoal para colaborar nas actividades e proxectos de investigación que figuran no anexo da presente convocatoria.
O persoal contratado colaborará e traballará especifica e unicamente na actividade ou proxecto de investigación para o que é contratado, que é de carácter finalista e en todo caso non estrutural, mediante o financiamento externo a través da participación en convocatorias públicas ou privadas, subscrición de convenios, concesión de subvencións, etc., sen prexuízo do establecido na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao Servizo das administracións públicas.
A forma de provisión será a de concurso de méritos, a través da valoración dos criterios de baremación establecidos para cada praza.
- Data de publicación: 05/03/2025
- Prazo de presentación de solicitudes: 06/03/2025-12/03/2025
Lista provisional de solicitudes admitidas e excluídas:
- Data de publicación: 19/03/2025.
- Prazo de presentación de emendas: 20/03/2025-21/03/2025. Ligazón
Lista definitiva de solicitudes admitidas e excluídas:
- Data de publicación: 24/03/2025
Resolución de selección e propostas das comisións das prazas:
- Parte I. Data de publicación: 04/04/2025
- Parte II. Data de publicación: 02/05/2025
Ligazóns
- Convocatoria Pública Ordinaria CiTIUS 04/2025 - 5 de marzo de 2025
- Lista provisional de solicitudes admitidas e excluídas - 19 de marzo de 2025
- Lista definitiva de solicitudes admitidas e excluídas - 24 de marzo de 2025
- Proposta de selección das comisións de selección - Convocatoria CiTIUS 04/2025 - Parte I - 4 de abril de 2025
- Resolución de selección - Convocatoria pública CiTIUS 04/2025 - Parte I - 4 de abril de 2025
- Proposta de selección das comisións de selección - Convocatoria CiTIUS 04/2025 - Parte II - 2 de maio de 2025
- Resolución de selección - Convocatoria pública CiTIUS 04/2025 - Parte II - 2 de maio de 2025
