Convocatoria Pública Ordinaria CiTIUS 04/2026

Convocatoria Pública Ordinaria CiTIUS 04/2026 de contratación de persoal para colaborar nas actividades e proxectos de investigación

Resolución da dirección do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) da Universidade de Santiago de Compostela, do 23 de abril de 2026, pola que se convoca concurso público de méritos nº CiTIUS 04/2026, para a selección de persoal para colaborar nas actividades e proxectos de investigación que figuran no anexo da presente convocatoria.

O persoal contratado colaborará e traballará especifica e unicamente na actividade ou proxecto de investigación para o que é contratado, que é de carácter finalista e en todo caso non estrutural, mediante o financiamento externo a través da participación en convocatorias públicas ou privadas, subscrición de convenios, concesión de subvencións, etc., sen prexuízo do establecido na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao Servizo das administracións públicas.

A forma de provisión será a de concurso de méritos, a través da valoración dos criterios de baremación establecidos para cada praza.

  • Data de publicación: 23/04/2026
  • Prazo de presentación de solicitudes: 24/04/2026-30/04/2026

Corrección de erros: 24/04/2026

Lista provisional de solicitudes admitidas e excluídas:

  • Data de publicación: 06/05/2026
  • Prazo de presentación de emendas: 07/05/2026- 11/05/2026. Ligazón (Foi ampliado o prazo de presentación de emendas, coa publicación da Corrección de erros e ampliación de prazo publicada o día 7/05/2026)

Lista definitiva de solicitudes admitidas e excluídas:

  • Data de publicación: 12/05/2026.

Resolución de selección e propostas das comisións das prazas, Parte I:

  • Data de publicación: 21/05/2026

Resolución de selección e propostas das comisións das prazas, Parte II:

  • Data de publicación: 26/05/2026

Resolución de selección e propostas das comisións das prazas, Parte III:

  • Data de publicación: 04/06/2026

Resolución de selección e propostas das comisións das prazas, Parte IV:

  • Data de publicación: 08/06/2026

Resolución de selección e propostas das comisións das prazas, Parte V:

  • Data de publicación: 30/07/2026

Ligazóns

HRS4R