Convocatoria Pública Urxente CiTIUS 09/2025

Convocatoria Pública Urxente CiTIUS 09/2025 de contratación de persoal para colaborar nas actividades e proxectos de investigación

Resolución da dirección do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) da Universidade de Santiago de Compostela, do 4 de xullo de 2025, pola que se convoca concurso público de méritos nº CiTIUS 09/2025, para a selección de persoal para colaborar nas actividades e proxectos de investigación que figuran no anexo da presente convocatoria.

O persoal contratado colaborará e traballará especifica e unicamente na actividade ou proxecto de investigación para o que é contratado, que é de carácter finalista e en todo caso non estrutural, mediante o financiamento externo a través da participación en convocatorias públicas ou privadas, subscrición de convenios, concesión de subvencións, etc., sen prexuízo do establecido na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao Servizo das administracións públicas.

A forma de provisión será a de concurso de méritos, a través da valoración dos criterios de baremación establecidos para cada praza.

  • Data de publicación: 04/07/2025
  • Prazo de presentación de solicitudes: 07/07/2025-09/07/2025

Lista provisional de solicitudes admitidas e excluídas:

  • Data de publicación: 14/07/2025.
  • Prazo de presentación de emendas: 15/07/2025-16/07/2025. Ligazón

Lista definitiva de solicitudes admitidas e excluídas:

  • Data de publicación: 18/07/2025.

 Resolución de selección e propostas das comisións das prazas:

  • Data de publicación: 30/07/2025

Corrección de erros: 07/11/2025

Ligazóns

HRS4R