Convocatoria Pública Ordinaria CiTIUS 09/2026

Convocatoria Pública Ordinaria CiTIUS 09/2026 de contratación de persoal para colaborar nas actividades e proxectos de investigación

Resolución da dirección do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) da Universidade de Santiago de Compostela, do 28 de setembro de 2026, pola que se convoca concurso público de méritos nº CiTIUS 09/2026, para a selección de persoal para colaborar nas actividades e proxectos de investigación que figuran no anexo da presente convocatoria.

O persoal contratado colaborará e traballará especifica e unicamente na actividade ou proxecto de investigación para o que é contratado, que é de carácter finalista e en todo caso non estrutural, mediante o financiamento externo a través da participación en convocatorias públicas ou privadas, subscrición de convenios, concesión de subvencións, etc., sen prexuízo do establecido na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao Servizo das administracións públicas.

A forma de provisión será a de concurso de méritos, a través da valoración dos criterios de baremación establecidos para cada praza.

  • Data de publicación: 28/09/2026
  • Prazo de presentación de solicitudes: 29/09/2026-05/10/2026

Lista provisional de solicitudes admitidas e excluídas:

  • Data de publicación: 07/10/2026
  • Prazo de presentación de emendas: 08/10/2026- 09/10/2026. Ligazón

Ligazóns

HRS4R