2 postos de traballo vinculados á ERC Consolidator Grant NANOVR

O proxecto ERC Consolidator Grant NANOVR, lanza unha convocatoria pública con 2 novos contratos.

Prazo de solicitudes: desde o 26 de decembro ata as 23:59 (CEST) do 30 de decembro de 2022.

Descrición das prazas:

  1. Técnico/a de grao medio de investigación (II.2)
    Funcións a realizar: Apoio no desenvolvemento de tecnoloxías wearables e os e-textís que favorecen a interacción en contornas inmersivas de realidade virtual.
    Titulación requirida: Diplomatura, arquitectura técnica, enxeñaría técnica ou equivalentes Duración do contrato: Indefinido Xornada laboral: Tempo completo (35.0 horas semanais) 09:00-14:00 16:00-18:00
    *Retribución bruta mensual:*1742,88 € (Esta praza levará un complemento de anualidade de 464,77 € mensuais para 2023 e 348,58 € para 2024)
    Institución: Centro Singular de Investigación en Tecnoloxias Intelixentes (CiTIUS) Referencia da praza: 2022-LU209

  2. **Técnico/a de grao medio de investigación (II.2) **
    Funcións a realizar: Actualizar a documentación de consulta relativa o desenrolo e aplicación de métodos e documentación técnica para o seu uso no laboratorio. Coordinación das probas de usuario e as sesións de deseño en toda a rede de nodos. Apoio no establecemento da rede de nodos NANOVR. Apoio na organización de visitas entre o Laboratorio de Realidades Intanxibles e outros laboratorios.
    Titulación requirida: Diplomatura, arquitectura técnica, enxeñaría técnica ou equivalentes
    Duración do contrato: Indefinido Xornada laboral: Tempo completo (35.0 horas semanais) 9:00-14:00 16:00-18:00 *Retribución bruta mensual:*1742,88 € (Esta praza levará un complemento de anualidade de 348,58 € mensuais para 2023; 232,39 € para 2024 e 116,20 € para 2025)
    Institución: Centro Singular de Investigación en Tecnologías Inteligentes (CiTIUS) Referencia da praza: 2022-LU214

Máis información