2 postos de traballo vinculados ao 'Proxecto Nós'

O Proxecto Nós, no que participan as entidades ILG (Instituto da Lingua Galega) e CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes), lanza unha nova convocatoria pública con 2 contratos.

Prazo de solicitudes: ata as 23:59 (CEST) do 25 de outubro de 2022.

Procedemento de presentación de solicitudes: Realizarase a través da sede electrónica da Universidade de Santiago de Compostela, á que se pode acceder empregando calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da USC (Sede electrónica USC). A documentación requirida para as candidaturas é: curriculum vitae (en PDF), copia da certificación académica e unha declaración responsable de que se cumpren os requisitos antes da data de fin de solicitudes.

Publicarase a listaxe provisional de admitidos e excluídos no taboleiro electrónico da USC no prazo de 3 días hábiles despois do remate do prazo de solicitudes, é dicir, entre o 26 e o 28 de outubro.

Descrición das prazas:

  1. Categoría laboral: Investigador/a colaborador/a Funcións: Desenvolvemento de sistemas de síntese de voz e de recoñecemento da fala, colaboración na elaboración de memorias técnicas e deseño de experimentos e métricas de avaliación. Titulación requirida: Grao en Enxeñaría Informática ou de Telecomunicacións Institución: Instituto da Lingua Galega (ILG)

  2. Categoría laboral: Investigador/a asociado/a Funcións: Coordinación de subproxectos nas áreas de procesamento da lingua (texto), redacción de memorias técnicas e supervisión de tarefas relacionadas co desenvolvemento e avaliación de ferramentas de tecnoloxía lingüística. Titulación requirida: Doutoramento en intelixencia artificial, tecnoloxías lingüísticas ou aprendizaxe de máquina Institución: Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS)

Máis información