Doutoramentos Industriais 2024

A consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional por medio da Axencia Galega de Innovación e a Secretaría Xeral de Universidades convocou o 1 de outubro de 2024 a cuarta edición das axudas para Doutoramentos Industriais. Este apoio permitirá a contratación de 15 estudantes de doutoramento en empresas e centros de innovación e tecnoloxía galegos para desenvolver a súa tese doutoral.

Obxectivos

  • Promover a transferencia de coñecemento entre as universidades e o tecido empresarial.
  • Potenciar a captación de persoal investigador para que desenvolva un proxecto de investigación en empresas galegas que lles permita obter un doutoramento industrial.
  • Posibilitar a incorporación de persoal doutor novo á contorna empresarial.
  • Fortalecer a colaboración entre as empresas, centros de innovación e tecnoloxía, e as universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG).

Requisitos específicos para as persoas candidatas

  • Ter nacionalidade dun estado membro da Unión Europea. As persoas non comunitarias poderán ser candidatas sempre que conten cos permisos necesarios de permanencia no país.
  • Estar matriculadas ou cumprir os requisitos para matricularse nun programa oficial de doutoramento nunha universidade do SUG de acordo coa normativa académica aplicable no curso 2023/2024 ou 2024/2025.
  • A data de finalización dos estudos deberá ser nos últimos cinco anos, con certas excepcións nas que poderá ser igual ou posterior ao 1 de xaneiro de 2017.
  • Non ter o título de Doutor/a.

Se estás interesado/a en desenvolver unha tese de doutoramento nunha empresa ou centro de innovación e tecnoloxía galego, envía o teu CV e carta de motivación ao correo citius.kmt@usc.es indicando no asunto “Doutoramentos Industriais 2024”.

Máis información