9 postos de traballo vinculados ao 'Proxecto Nós'

O Proxecto Nós, no que participan as entidades ILG (Instituto da Lingua Galega) e CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes), lanza unha nova convocatoria pública con 9 contratos.

Prazo de solicitudes: ata as 23:59 (CEST) do 15 de xullo de 2022.

Procedemento de presentación de solicitudes: Realizarase a través da sede electrónica da Universidade de Santiago de Compostela, á que se pode acceder utilizando calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidos pola sede electrónica da USC (Sede electrónica USC). A documentación requirida para as candidaturas é: currículo (en PDF), copia da certificación académica e unha declaración responsable de que se cumpren os requisitos antes da data de fin de solicitudes.

Publicarase a lista provisional de admitidos e excluídos no taboleiro electrónico da USC no prazo de 3 días hábiles despois de que finalice o prazo de solicitudes, é dicir, entre o 16 e o 20 de xullo.

Descrición das prazas:

  1. Investigador/a colaborador/a.
    Funcións: Desenvolvemento de sistemas de sínteses de voz e recoñecemento do fala, colaboración na elaboración de informes técnicos e apoio no deseño de experimentos e métricas de avaliación.
    Titulación requirida: Grao en Enxeñería Informática ou de Telecomunicacións.
    Institución: Instituto da Lingua Galega (ILG).

  2. Investigador/a colaborador/a.
    Funcións: Elaboración de corpus lingüísticos, colaboración na elaboración de memorias técnicas e apoio no deseño de experimentos e valoración de resultados.
    Titulación requirida: Licenciatura ou grao en lingua e literatura galegas
    Institución: Instituto da Lingua Galega (ILG).

  3. Investigador/a colaborador/a.
    Funcións: Coordinación e supervisión da elaboración de recursos lingüísticos orais, redacción de memorias técnicas e asesoramento e coordinación lingüística da área das tecnoloxías do fala.
    Titulación requirida: Doutoramento en estudos da linguaxe.
    Institución: Instituto da Lingua Galega (ILG).

  4. Investigador/a colaborador/a.
    Funcións: Colaboración no deseño, implementación, validación e probas de software para a xeración de textos, colaboración na elaboración de informes técnicos e apoio no deseño e implementación de experimentos e métricas de avaliación.
    Titulación requirida: Grao en Enxeñería Informática ou no ámbito TIC.
    Institución: Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS).

  5. Investigador/a colaborador/a.
    Funcións: Colaboración na supervisión e elaboración de corpus e conxuntos de datos para sistemas de diálogo, colaboración na elaboración de informes técnicos e apoio no deseño e implementación de experimentos e métricas de avaliación..
    Titulación requirida: Grao en Lingüística, Idiomas, Tradución ou no ámbito dos estudos lingüísticos.
    Institución: Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS).

  6. Investigador/a colaborador/a.
    Funcións: Colaboración no deseño, implementación, validación e probas de software para sistemas de diálogo, colaboración na elaboración de informes técnicos e apoio no deseño e implementación de experimentos e métricas de avaliación de sistemas de diálogo.
    Titulación requirida: Grao en Enxeñería Informática ou no ámbito TIC.
    Institución: Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS).

  7. Investigador/a colaborador/a.
    Funcións: Colaboración na elaboración do corpus e conxuntos de datos para sistemas de corrección e avaliación de textos, colaboración na elaboración de informes técnicos e apoio no deseño e implementación de experimentos e métricas de avaliación.
    Titulación requirida: Grao en Lingüística, Idiomas, Tradución ou no ámbito de estudos lingüísticos.
    Institución: Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS).

  8. Investigador/a asociado/a.
    Funcións: Supervisión e coordinación da área de Tradución Automática, redacción de informes técnicos e supervisión do desenvolvemento de ferramentas de tradución automática.
    Titulación requirida: Doutoramento en tradución automática.
    Institución: Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS).

  9. Técnico/a superior de xestión (I.2).
    Funcións: Coordinación e seguimento das actividades do proxecto e plan de traballo; dirección, soporte administrativo e técnico e coordinación e preparación da parte documental do proxecto; apoio na organización de eventos e actividades de comunicación do proxecto interno e externo; responsabilidades na coordinación dos recursos humanos asociados ao proxecto, concretamente nos campos técnico e administrativo.
    Titulación requirida: Grao ou licenciatura en Administración de Empresas ou Económicas, enxeñerías ou ciencias experimentais ou equivalentes.
    Institución: Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS).

Máis información