'Programa ATRAE': incorporación de talento científico consolidado

Buscamos líderes científicos de alto nivel en intelixencia artificial. Se tes un perfil destacado en tecnoloxías intelixentes, aproveita esta excelente oportunidade para consolidar a túa carreira nun contorno único.

BannerATRAE-AEI-2025.png

Lidera o futuro da intelixencia artificial dende o CiTIUS!

O programa estatal ATRAE ofrece condicións excepcionais para atraer a científicas e científicos de primeiro nivel internacional que desexen establecer a súa carreira en España.

No CiTIUS apoiarémoste dende o primeiro momento para asentarte de forma estable nun contorno de investigación de primeiro nivel.

Condicións laborais

  • Contrato de ata 4 anos de duración para desenvolver o teu proxecto.
  • Salario bruto aproximado: 130.000 €/ano.
  • Financiamento adicional para a túa investigación: ata 1 millón de euros.

Ao rematar este período, accederás a unha praza permanente na Universidade de Santiago de Compostela (USC), a institución con maior éxito estatal na primeira edición deste programa, ao incorporar 3 das 31 persoas seleccionadas en todo o Estado.

Vantaxes

No CiTIUS non só che ofrecemos infraestruturas científicas de vangarda e un ecosistema científico multidisciplinar, senón tamén a vantaxe estratéxica de vivir nun destino ideal para residir, investigar e establecerte a longo prazo.

  • Centro de excelencia en intelixencia artificial, con equipamento científico de última xeración.
  • Contorno internacional, multidisciplinar e colaborativo, con apoio integral ao desenvolvemento da túa carreira.
  • Colaboracións institucionais permanentes co CESGA (segundo centro de supercomputación de España) e o Hospital Clínico Universitario de Santiago, ambos localizados no campus.
  • Educación pública e gratuíta dende os 0 anos ata a universidade, ideal para persoas investigadoras con familia.
  • Tres aeroportos próximos con voos nacionais e internacionais.
  • Alta calidade de vida nunha das 100 mellores cidades do mundo, segundo a revista TIME Magazine.
  • Servizos adicionais: gardaría, comedor, instalacións deportivas, cursos de idiomas e medidas de conciliación.

Máis información sobre a vida no noso centro

Requisitos

As persoas interesadas en presentarse ao programa ATRAE deberán contar con:

  • Título de doutoramento, obtido antes do 1 de xaneiro de 2018.
  • Polo menos 5 anos de experiencia profesional en centros de investigación no estranxeiro entre o 1 de xaneiro de 2018 e a data de peche da convocatoria.

Queres saber máis?

Este contido esta protexido. Resolve o captcha para mostralo.

Cargando captcha...