Convocatoria: contratos de inicio á investigación no CiTIUS
A USC abre un concurso público de méritos para a contratación de persoal investigador no Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS).
CARACTERÍSTICAS DO/DOS CONTRATO/S
- Tipo de contrato: Contrato para a obtención da práctica profesional
- Número de prazas: 12
- Traballo a realizar: Obtención de práctica profesional investigadora no ámbito das tecnoloxías intelixente mediante o deseño, planificación e implementación de solucións tecnolóxicas, baixo a titorización dun investigador vinculado do CiTIUS co obxectivo de poder realizar no futuro unha tese de doutoramento.
- Funcións a realizar: Análise do avance de tecnoloxías relacionadas coas Áreas Científicas do CiTIUS. Desenvolvemento de novas solucións metodolóxicas e modelos computacionales. Implementación de solucións tecnolóxicas, presentación e discusión dos resultados. Publicación de traballos de investigación, participación nas actividades formativas e realización do traballo fin de máster baixo a supervisión do seu titor.
- Retribución bruta mensual: 750,00 €
- Duración do contrato: 12 meses.
- Data de inicio prevista: A partir do día seguinte á data da resolución reitoral de selección.
- Xornada laboral: Tempo parcial (27.5 horas semanais) 09:00 14:30 (Horario compatible coas actividades de formación).
- Categoría laboral: Persoal investigador en iniciación.
É moi importante incluír no Currículo Vitae toda a información necesaria para os ítems avaliables.
Presentación de solicitudes desde o 16/11/2022 ata o 22/11/2022.
REQUIRIMENTOS E MERITOS DOS CANDIDATOS/AS
Titulación requirida: grao no ámbito das Tecnoloxías Intelixentes.
Os solicitantes deberán:
- Finalizar os estudos dentro dos tres anos previos á data de inicio do contrato ou cinco anos no caso de persoas con discapacidade (Data prevista inicio 01/12/2022)
- Non ter experiencia profesional na USC no ámbito da investigación por tempo superior a 3 meses.
MÉRITOS A VALORAR
- Ítem nº 1: Nota media do expediente no Grao nunha disciplina afín ás Tecnoloxías Intelixentes (30 puntos).
- Ítem nº 2: Matrícula nun máster oficial en titulacións afíns aos ámbitos científicos do CiTIUS no curso académico 2022-2023 (10 puntos).
- Ítem nº 3: Compromiso de realizar o traballo fin de máster no CiTIUS, baixo a supervisión dun investigador vinculado ao CiTIUS (25 puntos).
- Ítem nº 4: Currículo vitae da persoa candidata que inclúa a participación ou colaboración en actividades científicas e formación específica relacionada cos ámbitos científicos do CiTIUS, acreditable a través de cursos, traballo de fin de grao, prácticas académicas, publicacións científicas, contribucións presentadas en encontros científicos ou actividades en proxectos científicos (10 puntos).
- Ítem nº 5: Entrevista persoal. A entrevista realizarase unicamente ás persoas candidatas que na suma do resto dos méritos consigan un mínimo de 50 puntos (25 puntos).