Doutoramentos Industriais 2025
A consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional por medio da Axencia Galega de Innovación e a Secretaría Xeral de Universidades convoca o 18 de xullo de 2025 a quinta edición das axudas para Doutoramentos Industriais. Este apoio permitirá a contratación de 15 estudantes de doutoramento en empresas e centros de innovación e tecnoloxía galegos para desenvolver a súa tese doutoral.
Obxectivos
- Fomentar a transferencia de coñecemento e de resultados de investigación desde as universidades galegas ao mercado, en sectores de interese estratéxico para Galicia.
- Captar, formar e reter talento, facilitando que estudantes de doutorado desenvolvan proxectos de investigación en empresas, ao tempo que poden obter un doutoramento industrial.
- Favorecer a incorporación de persoal doutor xove ás empresas, creando novas saídas profesionais.
- Fortalecer a vinculación entras as empresas e as universidades do SUG, promovendo a identificación de necesidades de innovación do tecido empresarial e o deseño de solucións por parte das universidades.
Requisitos específicos para as persoas candidatas
- Ter nacionalidade dun país da UE (pode admitirse 1 praza para cidadáns non comunitarios).
- Deben estar matriculadas, admitidas ou en condicións de matricularse nun programa oficial de doutoramento dunha universidade do SUG (curso 2024/2025 ou 2025/2026).
- A data de finalización dos estudos debe ser igual ou posterior ao 1 de xaneiro de 2021. Excepcións: admítense títulos finalizados desde o 1 de xaneiro de 2018 en casos especiais precisados na convocatoria.
- Non ter o título de Doutor/a.
Se estás interesado/a en desenvolver unha tese de doutoramento nunha empresa ou centro de innovación e tecnoloxía galego, envía o teu CV e carta de motivación ao correo citius.rrhh@usc.es indicando no asunto “Doutoramentos Industriais 2025”.
Máis información