Técnico/a de xestión e transferencia do coñecemento

Contrato temporal prorrogable de 6 meses asociado a programas financiados con Fondos Europeos

Traballos a realizar

  • Apoio na coordinación e xestión da planificación científica estratéxica.
  • Apoio na proxección científico-tecnolóxica do CiTIUS.

Funcións a realizar

  • Apoio na implementación de estratexias de mellora nos ámbitos da coordinación científica, a atracción de talento e a visibilidade da actividade científico-tecnolóxica do CiTIUS.
  • Apoio na elaboración, seguimento e xustificación de proxectos estratéxicos.
  • Identificación de oportunidades de colaboración co tecido tecnolóxico e industrial.

Salario bruto mensual

1.941,75 €

Duración do contrato

6 meses (prorrogables)

Data prevista de inicio

A partir do día seguinte á data da resolución reitoral de selección.

Xornada laboral

Tempo completo (35,0 horas semanais) 09:00 14:00 16:00 18:00

Categoría laboral

Técnico/a superior de xestión (I.2)

Requisitos e logros dos/as aspirantes

Grao, licenciatura, enxeñería, arquitectura ou equivalentes.

Outros logros para ter en conta

  • Licenciatura ou grao en áreas afíns ás titulacións científico-técnicas ou xurídico-sociais (15 puntos).
  • Inglés, nivel B2 ou equivalente (10 puntos); nivel C1 ou equivalente (15 puntos).
  • Formación específica acreditable no ámbito da xestión e innovación nas organizacións, o emprendemento e a transferencia de coñecemento e tecnoloxía (20 puntos).
  • Experiencia laboral acreditable mínima de dous anos no campo da xestión e innovación nas organizacións, o emprendemento e a transferencia de coñecemento e tecnoloxía (25 puntos).
  • Entrevista persoal. A entrevista realizarase unicamente ás 3 persoas candidatas con maior puntuación, que na suma do resto dos méritos obteñan un mínimo de 50 puntos (25 puntos).

Solicitudes

Prazo: 15 de xullo de 2022 - 23:59

A solicitude deberá ser presentada electronicamente a través da páxina web da Universidade de Santiago de Compostela. Número de referencia da convocatoria: : 3/2022 - Número de referencia da praza: 2019-PG064.01.

Máis información nas bases completas da convocatoria