Doutoramento en Xemelgos Dixitais para a optimización e predición de indicadores de sostibilidade no marco do proxecto europeo SOSFood
Buscamos un Enxeñeiro/a en Informática ou disciplinas afíns para unirse ao noso equipo no CiTIUS en Santiago de Compostela, España. O candidato/a incorporarase ao Programa de Doutoramento en Investigación en Tecnoloxías da Información da USC para desenvolver unha tese doutoral relacionada co proxecto Horizon Europe “Sustainability Optimization for Secure Food Systems (SOSFood)”, que ten como obxectivo deseñar, desenvolver e validar ferramentas de IA baseadas en datos para transformar o sistema alimentario de modo que sexa máis produtivo, inclusivo, sostible e resiliente.
Responsabilidades
- Deseño e implementación da arquitectura de xemelgos dixitais baseada en edge computing.
- Automatización da sincronización entre os espazos físico e virtual. Integración continua de datos e retroalimentación para a evolución de modelos.
- Avaliación da sustentabilidade de servizos baseados en IA a través da integración de xemelgos dixitais.
- Colaboración con empresas e equipos multidisciplinarios do proxecto, facilitando o intercambio de datos e coñecementos para mellorar a eficiencia e sostibilidade na rede de produción alimentaria.
- Documentación dos avances técnicos e resultados experimentais, contribuíndo a publicacións científicas nas áreas de xemelgos dixitais, optimización de procesos e sostibilidade.
Requisitos
- Licenciatura/enxeñería/arquitectura e Máster (300 ECTS) en Ciencias da Computación ou disciplinas afíns.
- Coñecemento de modelos baseados en xemelgos dixitais.
- Bo expediente académito.
- Alta motivación pola investigación científica.
- Excelentes habilidades de organización, comunicación e traballo en equipo.
- Inglés (nivel B2 ou equivalente).
Detalles do posto
- Tipo de contrato: Investigador Predoutoral en Formación.
- Período: 01/03/2025 – 31/12/2027 (34 meses a tempo completo).
- Salario segundo escala salarial española para Investigador Predoutoral en Formación (~18,5k€/ano. Posibilidade de complementos adicionais de ata o 40% dependendo do cumprimento de obxectivos).
- Ubicación: Santiago de Compostela (A Coruña, España).
Que ofrecemos
- Unha extensa rede internacional de colaboradores científicos e tecnolóxicos.
- Plan de formación e desenvolvemento profesional orientado á mellora das competencias científicas e transversais para preparar aos nosos investigadores/as para unha carreira científica competitiva.
- Instalacións científicas de última xeración con laboratorios equipados, centro de procesamento de datos propio e acceso gratuíto ao segundo centro de supercomputación de España (CESGA), situado no mesmo Campus.
- Un equipo profesional de apoio á investigación con ampla experiencia en xestión de proxectos, oportunidades de financiamento, transferencia de tecnoloxía, xestión de TIC, difusión e divulgación, xestión de RRHH, e xestión económica e administrativa.
- Participación en eventos de difusión coa industria e a contorna académica organizados ao longo do ano.
- CiTIUS está comprometido coa conciliación da vida laboral e familiar do seu persoal. Como beneficios específicos inclúense horarios de traballo flexibles, oportunidades de promoción para mozos/as científicos, permisos por nacemento de menores, servizos de gardería, coidado de dependentes e moito máis.
- Acceso ás instalacións universitarias: ximnasio, actividades deportivas, cursos de idiomas, bibliotecas etc.
Quen somos
CiTIUS é un centro de investigación especializado en Tecnoloxías Intelixentes que conta cun equipo de máis de 120 investigadores/as. O noso equipo é o maior activo do noso centro e estamos continuamente na procura de talento científico. CiTIUS proporciona unha contorna científica estimulante, interdisciplinaria e de vangarda, onde o noso persoal de investigación pode fomentar e desenvolver a súa carreira científica nun equipo internacional. Atopámonos nunha contorna científica de alto nivel con cinco centros de investigación especializados en diferentes áreas (CiQUS, CiMUS, IGFAE, CRETUS e CiTIUS) pertencentes á Universidade de Santiago de Compostela (USC). O centro sitúase en Santiago de Compostela, declarada Ciudad Patrimonio da Humanidade pola UNESCO con máis de 5 millóns de metros cadrados de espazos verdes e un dos 100 mellores lugares do mundo segundo a REVISTA TIME 2021.
Expresión de Interese
As persoas interesadas deben enviar unha expresión de interese co seu CV e carta de presentación a anabelen.garcia@usc.es. As consultas ou aclaracións sobre esta convocatoria poden dirixirse ao mesmo mail. Data límite: 20/01/2025.