Oferta de traballo: Xestor/a de proxecto 'EDIH DATALIFE'

Buscamos Xestor/a de proxecto para incorporar ao proxecto europeo 'Datalife', destinado a implementar tecnoloxías disruptivas para aumentar a competitividade das empresas e a administración pública.

Tipo de contrato

Indefinido

Traballo a realizar

Seguimento das actividades do proxecto EDIH DATALIFE e do plan de traballo, apoio administrativo e técnico para o seu desenvolvemento, xestión da comunicación, xustificación técnica e administrativa do proxecto. Apoio técnico na realización de informes, organización de eventos e comunicación das actividades do proxecto. Apoio na preparación e redacción de novas propostas de proxectos europeos.

Xornada laboral

Tempo completo (35.0 horas semanais) 9:00-14:00 e 16:00 – 18:00

Salario bruto

2452,33€ (14 pagas)

Data de inicio prevista

A convir, preferentemente en maio de 2023

Méritos a valorar

  • Grao ou licenciatura en titulacións afíns ás áreas científico-técnicas ou xurídico-sociais: 15 puntos
  • Nivel de inglés: 15 puntos (B2 ou equivalente: 10 puntos. C1 ou equivalente: 15 puntos.)
  • Formación específica acreditable no eido da xestión de actividades con financiamiento internacional: 20 puntos.
  • Experiencia laboral acreditable no eido da xestión de actividades con financiamiento internacional, xestión da propiedade industrial e intelectual, xestión de aspectos éticos, “open data” e “open science”, difusión de resultados de I+D, xustificación de actividades internacionais: 25 puntos.
  • Entrevista persoal (unicamente persoas que na suma do resto dos méritos acaden un mínimo de 50 puntos): 25 puntos.

Presentación de solicitudes

5 fías hábiles: desde as 00:00 do xoves 20 de abril ata as 23:59 do mércores 26 de abril.

Solicitar.png

Consulta a web oficial con tódolos detalles da convocatoria