Convocatoria Pública Ordinaria CiTIUS 14/2025

Convocatoria Pública Ordinaria CiTIUS 14/2025 de contratación de persoal para colaborar nas actividades e proxectos de investigación

Resolución da dirección do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) da Universidade de Santiago de Compostela, do 2 de decembro de 2025, pola que se convoca concurso público de méritos nº CiTIUS 14/2025, para a selección de persoal para colaborar nas actividades e proxectos de investigación que figuran no anexo da presente convocatoria.

O persoal contratado colaborará e traballará especifica e unicamente na actividade ou proxecto de investigación para o que é contratado, que é de carácter finalista e en todo caso non estrutural, mediante o financiamento externo a través da participación en convocatorias públicas ou privadas, subscrición de convenios, concesión de subvencións, etc., sen prexuízo do establecido na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao Servizo das administracións públicas.

A forma de provisión será a de concurso de méritos, a través da valoración dos criterios de baremación establecidos para cada praza.

  • Data de publicación: 02/12/2025
  • Prazo de presentación de solicitudes: 03/12/2025 - 10/12/2025

Lista provisional de solicitudes admitidas e excluídas:

  • Data de publicación: 15/12/2025.
  • Prazo de presentación de emendas: 16/12/2025-17/12/2025. Ligazón

Modificación das comisións de selección das prazas 2023-LU123 e 2024-PN052.1. Data de publicación: 17/12/2025

Lista definitiva de solicitudes admitidas e excluídas:

  • Data de publicación: 18/12/2025

Resolución de selección e propostas das comisións das prazas (Parte I):

  • Data de publicación: 23/12/2025

Resolución de selección e propostas das comisións das prazas (Parte II):

  • Data de publicación: 08/01/2026

Resolución de selección e propostas das comisións das prazas (Parte III):

  • Data de publicación: 13/01/2026

Ligazóns

HRS4R