Convocatoria Pública Urxente CiTIUS 05/2026

Convocatoria Pública Urxente CiTIUS 05/2026 de contratación de persoal para colaborar nas actividades e proxectos de investigación

Resolución da dirección do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) da Universidade de Santiago de Compostela, do 3 de xuño de 2026, pola que se convoca concurso público de méritos nº CiTIUS 05/2026, para a selección de persoal para colaborar nas actividades e proxectos de investigación que figuran no anexo da presente convocatoria.

O persoal contratado colaborará e traballará especifica e unicamente na actividade ou proxecto de investigación para o que é contratado, que é de carácter finalista e en todo caso non estrutural, mediante o financiamento externo a través da participación en convocatorias públicas ou privadas, subscrición de convenios, concesión de subvencións, etc., sen prexuízo do establecido na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao Servizo das administracións públicas.

A forma de provisión será a de concurso de méritos, a través da valoración dos criterios de baremación establecidos para cada praza.

  • Data de publicación: 03/06/2026
  • Prazo de presentación de solicitudes: 04/06/2026-08/06/2026

Corrección de erros: 09/06/2026

Lista provisional de solicitudes admitidas e excluídas:

  • Data de publicación: 10/06/2026
  • Prazo de presentación de emendas: 11/06/2026- 12/06/2026. Ligazón

Lista definitiva de solicitudes admitidas e excluídas:

  • Data de publicación: 15/06/2026

Resolución de selección e propostas das comisións das prazas, Parte I:

  • Data de publicación: 23/06/2026

Resolución de selección e propostas das comisións das prazas, Parte II:

  • Data de publicación: 26/06/2026

Resolución de selección e propostas das comisións das prazas, Parte III:

  • Data de publicación: 30/06/2026

Resolución de selección e propostas das comisións das prazas, Parte IV:

  • Data de publicación: 03/07/2026

Ligazóns

HRS4R