Javier Fernández Lozano
Son profesor axudante doutor no Departamento de Electrónica e Computación da Universidade de Santiago de Compostela e investigo no CiTIUS. Traballo na transmisión óptica sen fíos de enerxía.
Graduei en Física en 2017 e obtiven un máster en Física, especialidade en Materiais, en 2018. Emprendín unha empresa, enfocada á conciliación e á divulgación científica en colexios, centros sociais e centros de maiores, ata que chegou a pandemia. Despois pasei á investigación e en 2024 doutoreime en Enerxías Renovables e Sustentabilidade Enerxética, cunha tese sobre convertedores de potencia láser de carburo de silicio.
Hoxe deseño e caracterizo convertedores de potencia láser baseados en materiais de banda ancha, como o SiC ou o GaN. Fágoo no marco de proxectos coa Axencia Espacial Europea e Horizonte Europa, pensando sobre todo en enviar enerxía a sistemas no espazo.
Persoal investigador colaborador
/team/javier-fernandez-lozano
team_gl