Pablo Miguel Pérez Ferreiro

Son graduado en Enxeñaría Informática (2019-2023) pola Universidade de Santiago de Compostela, onde tamén obtiven o meu Máster en Intelixencia Artificial (2023-2025) e onde actualmente atópome cursando o Programa de Doutoramento en Investigación en Tecnoloxías da Información (2025-...). A miña presenza no CITIUS comezou no ano 2022, sendo beneficiario dunha das bolsas de verán de iniciación á investigación, estando implicado nun proxecto relacionado co desenvolvemento de axentes conversacionais, liña que continuei nos meus traballos finais de Grado e Máster.

Actualmente atópome contratado polo CITIUS coma investigador predoutoral da Xunta de Galicia (ED481A-2026-056), traballando en proxectos relacionados cá integración de grandes modelos de linguaxe con técnicas de intelixencia computacional clásica, especialmente en contornas relacionadas coa saúde. Os meus intereses de investigación inclúen o procesamento da linguaxe natural, e a mellora da fiabilidade e explicabilidade dos modelos de intelixencia artificial.