Victor Xesús Barreiro Domínguez

Son graduado en Enxeñaría Informática (2018-2022) pola Universidade de Santiago de Compostela e realicei o Mestrado en Intelixencia Artificial (2022-2024) na mesma universidade. Realicei prácticas profesionais no Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) e en GRADIANT, o Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia, onde trballei en proxectos de intelixencia artificial.

A miña carreira investigadora comezou no CiTIUS, onde obtiven un contrato de iniciación que me permitiu desenvolver o Traballo de Fin de Mestrado (TFM) no centro mesmo centro de investigación. Na actualiade, levo a cabo o doutoraamento no CiTIUS, financiado polas axudas de Formación del Profesorado Universitario (FPU 2022) do Goberno de España. Os meus intereses investigadores abranguen o deep learning e os modelos xerativos aplicados á teledetección e ao procesamento de imáxes multiespectrais.

O meu traballo céntrase particularmente na eficiencia de recursos, tanto no aumentado de datos como na adaptación de modelos fundacionais. Como parte do doutoramento, realicei unha estancia de investigación en IBM Research (Zürich), e ata o momento este traballo deu lugar a dúas publicacións (EMVIT-DDPM e SIMPLER).