Equipamento avanzado para caracterización e análise de sinais de radiofrecuencia
Infraestrutura para estudar sinais de radiofrecuencia e avaliar tecnoloxías sen fíos, sistemas de comunicacións e electrónica de alta frecuencia.
Equipamento
- Analizador de espectros N9324C: de 1 MHz a 20 GHz.
- Analizador vectorial de rede ZNB20 de dous portos para parámetros S, estabilidade, perdas e ganancia.
- Xerador N5173B / N5173B-520 EXG: de 9 kHz a 20 GHz, con accesorios.
- Mesa de puntas manual MPI TS200 de 200 mm, con microposicionadores para medidas DC e RF ata 26 GHz. Pendente de posta en marcha.
Acceso
Esíxese formación avanzada acreditada en electrónica de alta frecuencia, telecomunicacións ou sistemas RF, xunto con experiencia demostrable con analizadores de espectro e vectoriais, osciloscopios avanzados e xeradores RF.
É obrigatoria a formación en seguridade e no manexo dos equipos.
A dispoñibilidade depende das solicitudes internas e externas. O uso externo está limitado a 16 horas semanais e require reserva anticipada, indicando o uso ou servizo solicitado.
O servizo está suxeito a tarifación.