A quinta edición da IEEE HDCRS Summer School regresa a Santiago de Compostela para celebrar a súa terceira edición consecutiva no CiTIUS, reunindo persoas expertas procedentes da academia, centros de investigación, axencias espaciais e empresas tecnolóxicas para explorar o futuro da intelixencia artificial, a computación de altas prestacións, as tecnoloxías cuánticas e a observación da Terra.
O proxecto ‘bLOSSom’ abre camiño como unha das 44 únicas propostas seleccionadas polo Consello Europeo de Innovación (EIC) entre as 2.087 iniciativas presentadas á convocatoria Pathfinder -unha das máis esixentes de Europa, cunha taxa de éxito próxima ao 2%-. Institucións de España, Polonia, Portugal e Irlanda impulsarán xuntas unha nova xeración de sistemas fotónicos practicamente autosuficientes desde o punto de vista enerxético, con aplicacións estratéxicas en intelixencia artificial, centros de datos e microelectrónica avanzada.
O Centro Singular en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago de Compostela (CiTIUS) é o escenario da quinta edición da escola de 'Computación de alto rendemento e disruptiva en teledetección'.
Xurdida como resultado do traballo do Grupo de Visión Artificial do centro, energHius busca levar ao mercado máis de dúas décadas de experiencia no deseño de circuítos integrados.
'RePowerSiC', un proxecto coordinado desde a Universidade de Santiago de Compostela no que participan 7 socios de 6 países da Unión Europea, foi seleccionado pola convocatoria EIC Pathfinder Challenge, unha das máis competitivas que existen en Europa para o financiamento de investigacións innovadoras. Cun orzamento total de 4,7 millóns de euros, o novo proxecto busca non só revolucionar a exploración espacial, senón tamén expandir as súas aplicacións a distintos sectores na Terra.




