Govocitos

Software destinado a determinar parámetros reprodutivos en peixes a partir de análises histolóxicas

GOVOCITOS

QUE É GOVOCITOS?

Govocitos é un software gratuíto deseñado para determinar parámetros reprodutivos en peixes a partir de imaxes histolóxicas das súas gónadas. Permite estimar a fecundidade e estudar a dinámica do desenvolvemento e do recrutamento de ovocitos en peixes comerciais de forma rápida, sinxela e precisa. O coñecemento destes parámetros permite mellorar a avaliación e a xestión pesqueira. Govocitos conta cunha interface intuitiva e fácil de usar.

Unha tecnoloxía innovadora que permite ...

  • Análise de imaxes rápida, precisa, reproducible e revisable.
  • Análise estatística de datos con almacenamento directo dos resultados.
  • Maior precisión dos experimentos.
  • Software adaptable e adestrable para requisitos específicos.
  • Desenvolvemento xenérico e modular: posible uso noutras aplicacións.

Aplicacións comerciais

  • Estimación da fecundidade en peixes e outras especies a partir de imaxes histolóxicas das súas gónadas.
  • Xestión pesqueira e dos recursos mariños.
  • Ampliable a outros problemas de reconto, medición e clasificación:
  • Reconto de pole.
  • Oncoloxía e citoloxía.