Identificación de novos biomarcadores moleculares con elevada precisión diagnóstica para detectar a periodontite non tratada e a súa resposta ao tratamento

Este proxecto desenvolve a análise e comparación dos procesos biolóxicos e mecanismos funcionais dos proteomas salivais, así como a expresión diferencial de proteínas, asociados á saúde e á periodontite non tratada e tratada para a identificación e validación de novos biomarcadores salivais para o diagnóstico de periodontite, definindo os seus correspondientes modelos predictivos e umbrais diagnósticos.

Obxectivos

O obxectivo principal do proxecto é identificar novos biomarcadores moleculares asociados á periodontite analizando a capacidade diagnóstica destas moléculas para a detección da periodontite non tratada e a súa resposta ao tratamento.