
Integración de gap-filler para televisión en mobilidade DVB-H
O estándar DVB-H para a transmisión de sinais de TV a dispositivos móbiles implica desafíos tecnolóxicos diferentes ós asociados á recepción de televisión dixital terrestre (DVB-T) convencional mediante antenas situadas nos tellados dos edificios. Isto é debido fundamentalmente á necesidade dun sinal de maior potencia por causa da atenuación sufrida a través de perdas por transmisión no interior de edificios e á necesidade de acceder a terminais en mobilidade ou situados no interior dos edificios.
En xeral, o uso de transmisores de alta potencia para cubrir un área urbana pode non ser sempre posible ou aceptable debido á falta de lugares de transmisión adecuados próximos ás cidades. Neste caso a solución consiste en complementar a rede de transmisores de alta potencia con gap-fillers urbanos situados en estaciones base. Outra posible aproximación ó problema, que será a considerada neste proxecto, é a utilización por parte do usuario final de gap-fillers domésticos para a transmisión do sinal dentro de cada vivenda. O obxectivo final é a obtención dun dispositivo de baixa potencia apto para ser instalado polo propio usuario.
Obxectivos
Proxecto
/research/projects/integracion-de-gap-filler-para-television-en-mobilidade-dvb-h
<p>O estándar DVB-H para a transmisión de sinais de TV a dispositivos móbiles implica desafíos tecnolóxicos diferentes ós asociados á recepción de televisión dixital terrestre (DVB-T) convencional mediante antenas situadas nos tellados dos edificios. Isto é debido fundamentalmente á necesidade dun sinal de maior potencia por causa da atenuación sufrida a través de perdas por transmisión no interior de edificios e á necesidade de acceder a terminais en mobilidade ou situados no interior dos edificios.</p> <p>En xeral, o uso de transmisores de alta potencia para cubrir un área urbana pode non ser sempre posible ou aceptable debido á falta de lugares de transmisión adecuados próximos ás cidades. Neste caso a solución consiste en complementar a rede de transmisores de alta potencia con gap-fillers urbanos situados en estaciones base. Outra posible aproximación ó problema, que será a considerada neste proxecto, é a utilización por parte do usuario final de gap-fillers domésticos para a transmisión do sinal dentro de cada vivenda. O obxectivo final é a obtención dun dispositivo de baixa potencia apto para ser instalado polo propio usuario.</p>Estudar a viabilidade técnica da obtención dun dispositivo de baixa potencia apto para ser instalado polo propio usuario. - Paula López Martínez - Víctor Manuel Brea Sánchez, Diego Cabello Ferrer
projects_gl