RENDER: Novo modelo de render remoto
O proxecto RENDER pretende acometer un completo e exhaustivo Estudo de Viabilidade acerca das posibilidades de poder desenvolver e implantar un modelo viable e sostible de Render a distancia para a industria de animación, que inclúa as tecnoloxías, arquitecturas de sistemas, capacidades de investigación, desenvolvemento e produción, así como as infraestruturas de todo tipo requiridas e necesarias para facer factible que calquera Estudo de Animación 3D teña a posibilidade de ampliar de xeito áxil a súa capacidade de Render, segundo as súas necesidades e en calquera momento.
Obxectivos
O proxecto RENDER fíxase como obxectivo primordial e clave a elaboración dun completo Estudo de Viabilidade que permita mellorar e facer factible un servizo de Render Remoto que aporte:
- Unha importante innovación tecnolóxica no conxunto produto-servizo.
- Un modelo de negocio que garanta a súa factibilidade e sustentabilidade, tanto competitiva como de eficiencia enerxética, aportando á súa vez os valores diferenciais e intanxibles que demanda o sector.
- A garantía de interoperabilidade entre os sistemas dos diferentes actores do proceso.
- Un marcado enfoque centrado no usuario («User-Centric»).
A finalidade do proxecto é analizar a viabilidade tecnolóxica, así como o modelo de negocio baseado na utilización de recursos externos localizados en Centros con gran capacidade e potencia de cálculo, permitindo deste xeito ós Estudos aforrar na compra de hardware, software, mantemento e as infraestruturas necesarias para albergar as Granxas de Render, ofrecendo unha alta dispoñibilidade de potencia de cálculo para o proceso de Render, e aportando deste xeito flexibilidade, adaptabilidade e competitividade ás empresas do sector, ó tempo que se implantan e desenvolven modelos de sustentabilidade e eficiencia enerxética.
Proxecto
/research/projects/novo-modelo-de-render-remoto

O proxecto RENDER pretende acometer un completo e exhaustivo Estudo de Viabilidade acerca das posibilidades de poder desenvolver e implantar un modelo viable e sostible de Render a distancia para a industria de animación, que inclúa as tecnoloxías, arquitecturas de sistemas, capacidades de investigación, desenvolvemento e produción, así como as infraestruturas de todo tipo requiridas e necesarias para facer factible que calquera Estudo de Animación 3D teña a posibilidade de ampliar de xeito áxil a súa capacidade de Render, segundo as súas necesidades e en calquera momento.

O proxecto RENDER fíxase como obxectivo primordial e clave a elaboración dun completo Estudo de Viabilidade que permita mellorar e facer factible un servizo de Render Remoto que aporte:

Unha importante innovación tecnolóxica no conxunto produto-servizo.

Un modelo de negocio que garanta a súa factibilidade e sustentabilidade, tanto competitiva como de eficiencia enerxética, aportando á súa vez os valores diferenciais e intanxibles que demanda o sector.

A garantía de interoperabilidade entre os sistemas dos diferentes actores do proceso.

Un marcado enfoque centrado no usuario («User-Centric»).

A finalidade do proxecto é analizar a viabilidade tecnolóxica, así como o modelo de negocio baseado na utilización de recursos externos localizados en Centros con gran capacidade e potencia de cálculo, permitindo deste xeito ós Estudos aforrar na compra de hardware, software, mantemento e as infraestruturas necesarias para albergar as Granxas de Render, ofrecendo unha alta dispoñibilidade de potencia de cálculo para o proceso de Render, e aportando deste xeito flexibilidade, adaptabilidade e competitividade ás empresas do sector, ó tempo que se implantan e desenvolven modelos de sustentabilidade e eficiencia enerxética.
- Francisco Fernández Rivera - José Carlos Cabaleiro Domínguez, Tomás Fernández Pena
projects_gl