Novos biomarcadores bacterianos, actividades funcionais, cambios dinámicos e interacións bacterianas na enfermidade periodontal crónica
O proxecto desenvólvese mediante a colaboración entre o Oral Science Research Group e membros do Grupo de Visión Artificial do CiTIUS, ambos pertencentes asimesmo ao IDIS. A finalidade do proxecto é a de analizar, dende un punto metatranscriptómico e metaxenómico con carácter lonxitudinal, o microbioma oral asociado á periodontite crónica, avaliando novos biomarcadores bacterianos, a súa actividade funcional, así como os cambios dinámicos acontecidos despois dun tratamento periodontal convencional sobre o ecosistema oral. Tamén se realizará unha aproximación á análise das interaccións microbianas. Isto permitirá afondar no entendemento da patoxénese desta disbiosis polimicrobiana, esclarecer o potencial do microbioma oral (de especies específicas e consorcios bacterianos) como indicador diagnóstico/pronóstico da periodontite crónica, e contribuir á busca de novas terapias e modalidades de tratamento.
Obxectivos
Sobre as mostras clínicas de placa subenxivial preténdese identificar o repertorio xenético global do microbioma subenxivial na saúde e na periodontite crónica, propóndose os seguintes obxectivos específicos:
1) Analizar e comparar os procesos biolóxicos e mecanismos funcionais (clases funcionais e módulos/rutas metabólicas) e a composición dos microbiomas orais asociados á saúde e á periodontite crónica.
2) Analizar e comparar as variacións xenéticas específicas e os factores de virulencia dos principais patobiontes e simbiontes nos microbiomas orais na saúde e a periodontite crónica.
3) Analizar e comparar os cambios dinámicos funcionais/composicionais dos microbiomas orais na periodontite, antes e despois da práctica dun tratamento periodontal básico non-cirúrxico.
4) Determinar a existencia de subcomunidades bacterianas asociadas á saúde oral e á periodontite crónica non tratada e tratada.
5) Determinar consorcios bacterianos formados por taxones que interactúan e que representan unidades centrais da comunidade bacteriana global.
6) Explorar in silico a funcionalidade e estabilidade metabólica de especies específicas e de pequenos consorcios bacterianos en distintas condicións clínicas.
7) Desenvolver un software específico cunha interface web para facilitar o proceso bioinformático de análise de comunidades polimicrobianas
Proxecto
/research/projects/novos-biomarcadores-bacterianos-actividades-funcionais-cambios-dinamicos-e-interacions-bacterianas-na-enfermidade-periodontal-cronica

- María José Carreira Nouche, Nicolás Vila Blanco
projects_gl