SOSFood: Optimización da sostibilidade para sistemas alimentarios seguros

Na actual emerxencia ambiental, o sistema alimentario debe volverse máis produtivo, inclusivo, sostible e resiliente. O proxecto SOSFood utilizará tecnoloxías de explotación de datos e baseadas en Intelixencia Artificial para proporcionar unha imaxe holística e completa do sistema alimentario da UE e desenvolver ferramentas preditivas adaptadas para apoiar decisións ben informadas de todos os actores da cadea alimentaria, cun enfoque multifactorial, multiactor e multiescala, grazas ao seu consorcio multidisciplinario de expertos, tanto do sector privado como público, á investigación académica e aos representantes do sistema alimentario (consumidores, produtores e industrias).

A pesar de que varias iniciativas teñen traballado na mesma liña, ningunha abordou con éxito o panorama global do sistema ou entregado unha mensaxe fiable e accesible ao público obxectivo. Polo tanto, SOSFood proporcionará un espacio consolidado de datos alimentarios centrado na sostibilidade e a saúde, e en ferramentas de toma de decisións adaptadas a cada nivel da cadea (un panel preditivo que amosa datos e predicións para as industrias, e unha aplicación móbil para consumidores que inclúe unha visualización da pegada ecolóxica-saúdable, un indicador de ecoloxización de industrias, receitas europeas reformuladas que promoven ingredientes saúdables, locais e de temporada, e recomendacións xerais), seguindo estes pasos: (1) crear unha rede multiactor que reúna datos sociais, políticos, legais, económicos, tecnolóxicos, alimentarios, de saúde, ambientais e climáticos, promovendo a transparencia e o intercambio de datos, (2) mapear o escenario do sistema alimentario cunha estratexia multidimensional, aproveitando a interoperabilidade dos datos cun análise de impacto avanzado e tecnoloxías de IA innovadoras, (3) co-deseñar solucións, é dicir, ferramentas de toma de decisións que se axusten ao contexto e ás prioridades de cada usuario, validadas a través de estudos de casos de campo para garantir a viabilidade e a representatividade.

Obxectivos

SOSFood ten como obxectivo deseñar, desenvolver e validar ferramentas baseadas en Intelixencia Artificial e datos que poidan axudar a todos os actores ao longo da cadea de subministración de alimentos a tomar decisións sostibles baseadas en evidencia, mediante a identificación dos factores causais que condicionan a sostibilidade das súas actividades e ofrecendo suxerencias específicas para a súa mellora.

Ligazón á páxina web do proxecto