Recoñecemento de Obxectos a partir de Nubes de Puntos 3D

Proxecto de asesoramento no recoñecemento de obxectos a partires de nubes de puntos 3D.

Obxectivos

  1. Asesoramento en tarefas de clasificación e recoñecemento de obxectos e estruturas a partir de datos adquiridos remotamente en forma de nubes de puntos 3D, con especial énfase na aplicación de novas técnicas do ámbito da Intelixencia Artificial.
  2. Asesoramento  na mellora do rendemento dos códigos de procesamento destas nubes de puntos, en particular en técnicas de paralelización sobre diferentes plataformas, así como en técnicas de almacenaxe eficiente dos datos.