Bolsas de verán CiTIUS 2025
Cheira a verán no CiTIUS! Se estás a estudar algún grao relacionado coa Intelixencia Artificial ou Tecnoloxías Intelixentes, isto chámanos a atención: ofrecemos 13 novas axudas para realizar a túa primeira estancia de investigación. Envía a túa candidatura ata o martes 3 de xuño!
Once edicións consecutivas impulsando novas vocacións científicas: o CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC) celebra un ano máis o lanzamento da súa convocatoria anual de Bolsas de Verán, que en 2025 ofrece 13 novas axudas a estudantes de grao que desexen ter a súa primeira experiencia investigadora no campo das Tecnoloxías Intelixentes (TI). As Bolsas financiarán estas estancias durante o próximo mes de xullo, co obxectivo de que as persoas beneficiarias poidan desenvolver un proxecto de investigación no marco das liñas dos Programas Científicos do CITIUS.
O grupo de estudantes seleccionado terá, así, un primeiro contacto coa investigación en áreas como Visión por Computador, Sistemas e ambientes intelixentes, IA fiable, Aprendizaxe e razonamento automáticos, Robótica, Computación de altas prestacións, Realidade virtual e aumentada, Deseño electrónico de dispositivos intelixentes, Deseño electrónico de dispositivos intelixentes ou Tecnoloxías lingüísticas. Ademais, durante o período de duración da bolsa, os/as estudantes poderán participar na actividade formativa desenvolvida no CiTIUS, que inclúe a asistencia a cursos, conferencias de persoal investigador de prestixio internacional ou presentacións das ferramentas informáticas máis actuais no campo das TI.
As axudas están dotadas con 850€ brutos máis unha axuda para alumnos/as non residentes en Santiago de Compostela destinada a financiar os gastos de transporte, cun importe máximo de ata 300€ para estudantes de fóra de Galicia, e ata 80 € para estudantes residentes en outros municipios da Comunidade.
Presenta a túa solicitude ata o martes 3 de xuño!